Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reproban o alcalde de Pazos por desprestixiar unha concelleira que denunciara trato vexatorio

RR_Noticias

O pleno do concello de Pazos, cunha maioría seis votos a favor, tres en contra e unha abstención, censurou a conduta do alcalde, Andrés Iglesias e o tenente de alcalde, Severino Reguera. A reprobación chegaba da man da Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) por considerar que a súa actuación durante a sesión ordinaria do pleno da corporación do mes de febreiro carecera da máis elemental dignidade esixible aos seus cargos ao desprestixiar unha concelleira que denunciara trato vexatorio por parte doutro edil do goberno.

En dita sesión a concelleira Lorena Domínguez denunciara ter sufrido dentro do grupo de goberno un trato violento e degradante por parte do xa ex concelleiro popular César Gómez. Durante o debate desa moción Severino Reguera e Andrés Iglesias negaran os feitos denunciados, acusando a Lorena Domínguez de mentir. Sen embargo, a outras edil tamén popular Teresa Cendón confirmou punto por punto os feitos denunciados deixando en evidencia ao Alcalde e ao Tenente de Alcalde.
“Amparar comportamentos faltos de respecto, mentir e tentar desprestixiar a quen os sofre para negalos son feitos totalmente contrarios aos que cabe esperar de gobernantes dignos” explica o voceiro de Alternativa Veciñal, Luciano Otero.
O alcalde de Pazos en todo momento defendeu que o enfrontamento entre César Gómez e Lorena Domínguez foi produto dunha discusión de traballo pero que non se produciu ningún trato violento nin degradante.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará