Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio cento de barcos participarán na I Bandeira de Traiñeiriñas Concello de Redondela

RR_Noticias

O Paseo de Cardona, en Chapela, acollerá este domingo unha regata na que participarán once clubes da privincia de Pontevedra e catro da Coruña. A xornada comezará ás 11.00 horas, coa proba de veteranos de traíñas, na que tomarán a saída cinco embarcacións.

A temporada de remo estrea esta ano a I Bandeira de Traiñeiriñas Concello de Redondela, organizada polo C.R. Chapela, e que se celebrará este domingo, día 13, diante do paseo de Cardona. Na mesma xornada tamén se disputará a regata de veteranos de traíñas, coa que arrancará a competición. O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, salientou a importancia das dúas citas, que levarán a Chapela máis de 50 embarcacións das provincias de Pontevedra e A Coruña. O edil agradeceu o esforzo que desde o C.R. Chapela realizan ao longo de todo o ano, tanto nas categorías base, como nas absolutas e os veteranos, xa que este deporte abrangue un abano de idade “moi amplo”. Mougán animou tamén ao público de Redondela e bisbarra a achegarse a Chapela para presenciar estas probas de remo, xa que se trata dunha disciplina “moi atractiva para o espectador”, e neste caso nun marco “incomparable” como é o paseo de Cardona. Desde o club o presidente Julio Prado amosouse “ilusionado” por poder celebrar esta primeira bandeira na categoría de traiñeiriñas, e confiou en que poida repetirse nos próximos anos. Agradeceu a colaboración do Concello para organizar esta regata, xa que se trata dunha temporada “moi curta” no mes de maio. Este barco é o paso “intermedio” entre o batel e a traíña, unha modalidade que serve “de formación” antes da temporada da traíña, que arranca en xuño. Na Bandeira, que se disputa nas categorías xuvenil e sénior masculina, e absoluta feminina, participarán quince clubes. Once son da provincia de Pontevedra. Aos redondeláns de Chapela e Cesantes súmanse Coruxo, A Guía, Meira, Tirán, Cangas, Bueu, Vilaxoán, Mecos e Amegrove. Da Coruña estarán Cabo da Cruz, A Pobra, Ribeira e Mera. No caso da regata de traíñas en veteranos participan os clubes de Ares, Bueu, Meira, Rianxo e os anfitrións de Chapela.

Julio Mougán concelleiro de Deportes
No Concello apostan por fomentar o remo en todas as categorías e animan ao público a presenciar esta regata no paseo de Cardona.
Julio Prado presidente do C.R. Chapela
No club amósanse satisfeitos por poder celebrar a primeira bandeira de traiñeiriñas do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará