Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fillo de Sesé pon voz ás outras vítimas da violencia machista

RR_Noticias

O discurso de Joshua Alonso, fillo de Mª José Mateo Sesé, a veciña de Chapela que hai algo máis dun ano fora asasinada pola súa ex parella, emocionou coas súas palabras no Senado ao denunciar que tanto el como o seu irmán de 10 anos se senten abandonados polas institucións. O mozo, de tan só 26 anos, relatou a difícil situación na que se atopou logo de que a súa nai fora asasinada e denunciou  a falta de apoios “ninguén se ocupa de arranxar os problemas”.

A violencia machista deixou na última década a 25 menores orfos en Galicia. Un deles é o fillo de Sesé que tiña tan só dez anos de idade cando a súa nai foi asasinada logo de que a súa exparella fixera estourar a súa casa con dúas bombonas de butano. A partir dese fatídico día o seu irmán de 25 anos, Joshua Alonso, fíxose cargo del así como de todos os asuntos aos que tivo que enfrontarse no día a día “un seguro da vivenda que estaba a nome do asasino e que non se fai cargo do arranxo porque foi un suicidio, o imposto de sucesións, a declaración de herdeiros xa que non había testamento, a cancelación de débedas…” Lamentou que ante esta situación non teña recibido o apoio das institucións porque , segundo dixo, “síntome abandonado. O meu irmán de dez anos está abandonado”.  

Joshua Alonso fillo de Sesé
Fala da desprotección dos orfos da violencia de xénero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará