Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa dos Maios revive co sol

RR_Noticias

As quince composicións florais que participaban no concurso foron admiradas por centos de persoas que aproveitaron o festivo para achegarse a unha das festas máis tradicionais de Redondela. Retranca, humor e auténticas esculturas vexetais nunha animada xornada na que os máis pequenos foron os auténticos protagonistas no escenario.

O bo tempo animou a milleiros de persoas a celebrar na xornada de onte a Festa dos Maios en Redondela. Dende primeira hora podíanse ver na rúa Ribeira as quince composicións florais participantes e a nenos e nenas vendendo as coplas cargadas de retranca e humor. Habería que esperar ás doce para ver aos participantes subidos no palco interpretando os seus textos nos que non faltaron referencres a todos os temas de actualidade a nivel local, o transporte metropolitano, os lumes, a seca, as obras na Ponte de Rande, pero tamén cargadas de rimas sobre os “problemas de palacio”,  o Máster de Cifuentes ou a corrupción.
Na categoría de maio artístico o xurado elixiu o espectacular traballo presentado pola Asociación Cultural de Saxamonde “Todo o peixe está vendido” que reproducía unha pescantina a gran tamaño. O segundo premio foi para “Os miudos de Samar” de Ventosela cunhas polbeiras elaboradas a base de fiuncho e outros materiais propios destas composicións vexetais. O terceiro premio levárono Os pequenos Mexillóns de Cedeira quen presentaron unha batea á que non lle faltaba detalle.
“O Carallo do Cono” realizado polos Miúdos de Reboreda levouse o primeiro premio en maio tradicional seguido do Carballo 2018 e Os trasnos de Quintela.
Todo o peixe está vendido repetía premio ao levar o primeiro na categoría das coplas, Os tirabeques recibían o segundo e quedaban en terceiro lugar os textos de As Sarilleiras.
Finalmente na categoría de mellor interpretación o xurado concedeu o primeiro premio a “Os Ventoliños” de Ventosela, o segundo a Todo o peixe está vendido e quedaron terceiras As Bolboretas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará