Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quince Maios para festexar a primavera

RR_Noticias

O primeiro de Maio é unha xornada reivindicativa no laboral coa conmemoración do Día do traballador, pero tamén festiva cunha cita obrigada en Redondela, a Festa dos Maios. Retranca, fiuncho e flores volverán ser protagonistas nunha mañá de martes que se nos anuncia benévola no meteorolóxico e que reunirá un total de quince participantes que tentarán facerse con algún dos premios que se conceden nas categorías de Maio tradicional, artístico, coplas e interpretación.

Redondela prepárase para vivir un ano máis a tradicional festa dos Maios que contará nesta ocasión cun total de 15 Maios participantes. Unha figuras vexetais que se poderán ver xa a partir das once da mañá na Alameda, lugar no que permanecerán ata que se dean a coñecer os premiados, e cuxos integrantes subirán ao palco instalado na praza do concello para cantar e interpretar as súas coplas.
Os participantes disputaranse os premios dotados con 250, 200 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro clasificado nas categorías de coplas e interpretación. Tamén haberá tres premios para as tres mellores composicións en artístico e en tradicional.
Unha mañá de festa que arrancará as dez coa chegada dos Maios e os pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Son do Castro. O tráfico pecharase a partir das 10:30. Ao longo da mañá ademais das interpretacións das coplas contarse coa actuación do grupo de pandereteiras Terra Meiga de Mos e o grupo de pandereiteras Follas verdes de Vilar.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará