Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mesa redonda para analizar o papel da muller no audiovisual

RR_Noticias

Tres mulleres vinculadas ao mundo audiovisual serán as encargadas de analizar, avaliar e conversar cos asistentes a esta charla a situación actual do sector, así como a presenza da muller neste ámbito. Son a  videógrafa Andrea Area, a guionista Carmen Conde e a fotoxornalistas Alba Sotelo. O mércores ás 20:30 horas na Casa da Cultura organizado por Paxaretas.

Aproveitando que esta semana se celebra na vila o festival Redondela en Curto, a Asemblea Feminista Paxaretas organiza hoxe unha mesa redonda baixo o título “Muller e audiovisual” co obxectivo de afondar no papel e o protagonismo das mulleres neste sector en Galicia. A actividade desenvolverase na casa da cultura este mércores ás 20:30 horas. Carol Sertal, integrante de Paxaretas, será a encargada de moderar a conversa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará