Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición Queimarte, un proxecto fotográfico do IES Illa San Simón

RR_Noticias

Un proxecto colectivo elaborado polos alumnos do instituto baixo a supervisión de tres profesores que os animaron a achegarse ás zonas queimadas polos incendios do pasado mes de outubro e recoller en imaxes os efectos dos lumes. A exposición inaugúrase esta tarde ás 17:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e poderá verse ata o vindeiro 30 de abril.

Un proxecto fotográfico que ía ser outro e que se reconverteu nunha denuncia e nunha reflexión en torno aos incendios forestais. A proposta parte dun grupo de profesores, Carlos Ferro, Mónica González e Javier Iglesias e malia que nun primeiro momento ía versar en torno aos sentidos, os incendios do pasado mes de outubro deron un xiro a esa temática. Finalmente os alumnos implicados no proxecto desprazáronse a zonas afectadas polos lumes e recolleron en imaxes a desolación que deixa o lume na natureza. Un xeito de loitar contra o esquecemento ao tempo que se traballan aspectos como a imaxe, a estética, o encadre e outros elementos vencellados coa fotografía.  

Javier Iglesias profesor IES San Simón
Deixar constancia do acontecido
Alexia Pena alumna
Unha experiencia para lembrar
Pablo Carrero alumno
imaxes impactantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará