Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

28 pinchos para saborear Redondela

RR_Noticias

Comeza a VII Ruta do Pincho con 28 propostas nas que se fusiona a innovación cos produtos propios da zona. Once días nos que se poderán degustar nos locais de hostalería adheridos estes petiscos máis a bebida por 2,75 euros. Unha edición que este ano suma como atractivo oito rutas gastronómicas guiadas nas que ademais de gozar da gastronomía coñeceremos a historia e patrimonio de Redondela. A ruta dos carabineiros será a que inaugure estas visitas este venres ás 19:30 horas.

Dende a praia de Arealonga, pasando por Rande, Ventosela, os centros urbanos de Redondela e Chapela, este ano a ruta do pincho amplía o seu percorrido e chega a boa parte do concello con preto de trinta propostas nas que se combinan as elaboracións máis tradicionais como o montadiño de chipirión, ou o arroz con chocos con propostas máis innovadoras como é o caso da hamburguesa de lentellas ou a zamburiña de wakame. Elaboracións que van dende o pincho até a tapa e que se poden degustar por un 1,50 dende o 20 ao 30 de abril. Como novidade, este ano a Asociación de Empresarios xunto aos hostaleiros organizan oito rutas que permitirán degustar tres pinchos ademais de coñecer os lugares de interese turístico e cultural da vila acompañados por unha guía profesional co obxectivo de pór en valor a riqueza non só gastronómica senón tamén turística e cultural de Redondela como subliñaba dende a asociación, Julia Alonso. Dúas horas de percorrido, en grupos reducidos, nos que coñeceremos o máis destacable do municipio pero tamén as lendas, coa ruta do Maceiras ou a ruta dos galeóns e piratas ou o pasado industrial do concello e a empresa téxtil Regojo coa ruta da camisa de Dalí. A primeira das citas será este venres coa ruta dos carabineiros que partirá dende o Bar Rivas para coñecer a enseada de San Simón e a súa riqueza natural e paisaxística. Rutas que teñen un custe de 15 euros, incluída a degustación dos pinchos. E o petiscar ten premio porque como vén sendo habitual todo aquel que o desexe pode puntuar os pinchos e con seis selos participar no sorteo de dúas noites con almorzo a elixir entre máis de 485 establecementos hostaleiros, unha escapada rural dunha noite ou un pase de spa para dúas persoas. Unha ruta do pincho, xa consolidada en Redondela, e que ten como obxectivo potenciar o sector, fidelizar ao cliente e ser foco de atracción de visitantes, como destacaba a concelleira de Comercio, Teresa París, na presentación desta sétima edición.

Julia Alonso Asociación Empresarios
28 petiscos moi variados nunha edición na que aposta por introducir novos atractivos como as rutas gastronómicas
Soledad Chayán guía turística
Oito rutas con percorridos moi variados e pinchos diferentes que falan do patrimonio cultural e natural de Redondela
Ruta carabineiros 20 abril
Inaugúranse as rutas gastronómicas cunha saída sobre a enseada de San Simón
Teresa París concelleira Comercio
A edil destaca a importancia destas iniciativas como fidelizador de clientes e atracción de visitantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará