Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova oportunidade para visitar o cemiterio do Eidos

RR_Noticias

O Cemiterio dos Eidos forma parte dos seis percorridos turísticos que a Concellería de Turismo organiza durante as fins de semana. Dar a coñecer a súa arquitectura, historia, o seu valor patrimonial e cultural é un dos obxectivos desta visita que se repetirá o vindeiro sábado día 31 ás 19:30 horas. Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia, é a encargada de guiar aos participantes polos atractivos deste espazo no casco urbano de Redondela.

Unha actividade que busca dar a coñecer este espazo a veciños e visitantes poñendo o acento en todos eses elementos que fan deste cemiterio un lugar de interese cultural e patrimonial onde podemos atopar panteóns de grande valor artístico e arquitectónico sen esquecer o valor histórico dun lugar no que nos atopamos cunha foxa común na que foron soterradas 42 persoas republicanas, a tumba do heroe da batalla de Ponte Sampaio John O,Doherty ou o obelisco dedicado a Isidoro Queimaliños. Soledad Chayán é a guía turística que se encargará de achegar a veciños e visitantes todas estas singularidades do cemiterio dos Eidos nunha visitas que teñen a súa cita máis próxima no sábado 31. Para participar destas visitas, completamente de balde, cómpre reservar praza a través do teléfono 667 401 909, xa que hai un número máximo de 25 visitantes por percorrido.  

Soledad Chayán guía turística
Será a encargada de guiar aos participantes polos misterios que agocha o cemiterio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará