Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras para construír unha pista polideportiva en San Martiño

RR_Noticias

A actuación estase a realizar nas inmediacións do Centro Cultural de Ventosela e dotarán a esta parroquia dunha pista polideportiva ao aire libre cunha superficie de 1.075 metros cadrados, con 43 metros de longo e 25 de ancho. Unha vez que a climatoloxía permitiu botar o formigón, están previsto que na vindeira semana se proceda ao seu pintado. AER critica a falta de seguridade nas obras e acusa ao goberno local de non esixir nas obras que xestiona o concello as mínimas medidas de prevención de riscos laborais.

A Concelleira de Vias e Obras, Mª José Barciela e o Concelleiro de Deportes Julio Mougán, visitaron a parroquia de Ventosela para comprobar a marcha da obra de construción dunha pista polideportiva ao carón do Centro Cultural. A pista contará cunha superficie de 1.075 metros cadrados, onde se marcará un campo de fútbol sala de 40 por 20 metros. O recinto estará delimitado e os traballos inclúen tamén unha canaleta metálica para a recollida de augas pluviais. O orzamento da obra ascende a 43.000 euros.
Falta de seguridade
A agrupación de electores de Redondela aproveita a fotografía publicada polo concello nas redes sociais para criticar novamente a “falta de seguridade e a inexistencia das mínimas medidas de prevención de riscos laborais nas obras que xestiona o concello”. Explican que en dita imaxe pódese apreciar como “os dous concelleiros que supervisan as obras da nova pista polideportiva de Ventosela aparecen impasibles ante traballadores da empresa que realiza a obra sen dotación de cascos e mesmo algúns sen luvas”. Unha situación de risco que ao seu entender “debería supor a inmediata paralización dos traballos ata que os operarios se equipasen dos correspondentes EPIS e o entorno da obra estivese debidamente sinalizado e delimitado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará