Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez quilos de solidariedade convertidos en ovo de pascua

RR_Noticias

Nenos e nenas de Arcade participaron onte nun obradoiro solidario celebrado na Pastelería Deliart de Arcade. Elaboraron entre todos un ovo de Pascua de 10 quilos que será entregado a Aldeas Infantiles. No seu interior lambonadas de todo tipo que de seguro sorprenderán aos seus destinatarios.

Como anticipo da Semana Santa un total de 18 nenos e nenas de Arcade participaron na tarde deste luns nun obradoiro organizado pola Pastelería Deliart. Un taller de cociña no que os rapaces, de entre 6 e 11 anos, traballaron arreo para elaborar un enorme ovo de pascua de 10 quilos de chocolate. No seu interior colocaron todo tipo de lambonadas.  
A actividade está organizada polo establecemento e da resposta á petición de pais e nais pero quere ser tamén unha actividade solidaria, polo que o ovo será doado xunto con varias roscas a Aldeas Infantiles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará