Hoxe é Luns 30 de Novembro de 2020

A falta de equipos obriga a suspender a XXXV Maratón Semana Santa do Redondela F.S.

RR_Noticias

Onte era o último día para se incribir no torneo, que estaba previsto celebrar o xoves e venres, días 29 e 30. Pero non se cubriu o mínimo de quince equipos que a organización establecía para poder celebrar a maratón. O que si está a celebrarse con moito éxito é o I Torneo Vila de Redondela nas categorías benxamín e alevín, coa participarción de máis de 200 nenos e nenas.

Fran Iglesias, da directiva do club, lamenta ter que suspender esta cita deportiva, todo un referente no fútbol sala da provincia. Apunta que a nova normativa, que obriga á organización a contratar un seguro médico para os equipos, eleva a cuantía da inscrición, que este ano ascendía a un total de 100 euros. Por outra banda sinala un “cambio de filosofía” entre os equipos participantes, que hai anos eran máis “grupos de amigos que se inscribían para divertirse”, mentres agora acoden cunha mentalidade “máis competitiva”. I Torneo Vila de Redondela O que si está a celebrarse, e con grande éxito de participación, é o I Torneo Vila de Redondela en categorías benxamín e alevín. Máis de 200 nenos e nenas están a participar nesta cita que comezaba onte no pavillón da Marisma e que se prolongo todo o día de hoxe. A intención do Redondela F.S. é que este torneo poida asentarse no tempo e contar cos mellores equipos do panorama galego. Aínda que o obxectivo principal é fomentar e difundir a práctica do fútbol sala na festividade de Semana Santa e así cubrir o oco xerado polas competicións oficiais nesta época. E o máis importante, xerar un ambiente óptimo que propicie a confraternización entre os xogadores e clubs participantes. Nesta primeira edición o torneo conta con equipos de gran nivel, como son o Troula Betanzos F.S., Leis F.S., Colexio Apóstolo Santiago, Panxón Nigrán F.S., Colexio Labor, Baiña F.S, Fútbol en 40×20, Casa Paco 81 e o propio Redondela F.S.

Fran Iglesias directivo
Iglesias lamenta que a falta de equipos obrigase a suspender a tradicional maratón de Semana Santa.
Máis competitividade
A impresión de Fran Iglesias é que agora os equipos participan cun afán máis competitivo e non tanto para divertirse cos amigos.
I Torneo Vila de Redondela
O pavillón acolle o primeiro torneo de categorías base con moito éxito de participación.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *