Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela busca atraer ao turista arqueolóxico

RR_Noticias

O Pleno aproba por maioría unha iniciativa da concellería de Cultura e Turismo para incluir os xacementos arqueolóxicos de Redondela no itinerario Cultural Europeo “Camiños de arte rupestre prehistórico”, un itinerario do Consello de Europa que conta co recoñecemento da Unesco. Sumaríase así aos outros catro concellos adheridos a estes itinerarios, como son Campolameiro, Pontevedra, Marín e Pontecaldelas e que buscan fomentar un turismo desestacionalizado e de calidade.

A proposta da Concellería de Cultura persegue darlle unha maior promoción aos importantes xacementos arqueolóxicos existentes en Redondela, principalmente aos catalogados en Monte Penide considerados como unha das maiores concentracións de soterramento tumulares do noroeste peninsular. Entrar a formar parte deste programa de Camiños de Arte Rupestre Prehistóricos, serviría, ao entender da Concelleira Teresa París, para atraer a “un turista arqueolóxico con bo nivel de estudios e renda que promovo un turismo de calidade respectuoso co medio ambiente”. De feito, esta rede de itinerarios é visitada por más de dous millóns de persoas que buscan coñecer os atractivos culturais que ofrecen estes enclaves de interese prehistórico. A proposta, que contou co apoio de todos os grupos da oposición, inclúe tamén outras iniciativas como solicitar axudas para crear parques forestais arqueolóxicos no futuro e elaborar un plan municipal de xestión do patrimonio, no que se poña en valor as mámoas, petróglifos e castros existentes no noso territorio. Insistían dende os grupos da oposición en que a proposta non quede nunha mera declaración de intencións e que se acometan medidas para mellorar e promover o patrimonio existente.  

Teresa París edil de Cultura
Redondela quere sumarse aos Camiños de Arte Rupestre
Isaac Araujo PSOE
Reclama que non se quede nunha declaración de intencións
Javier Bastos AER
Solicita a creación de parques forestais arqueolóxicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará