Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estratexias diferentes para reclamar unha solución ao problema do trasporte

RR_Noticias

O obxectivo é o mesmo pero as formas son distintas. Mentres a Asociación de veciños de Chapela entende que ante a inminente retirada da tarxeta verde a única saída que lles queda é reivindicar a implantación do transporte metropolitano na rúa, a Plataforma Pass Área rexeita as mobilizacións polo de agora. Neste sentido, logo de presentar 4.500 sinaturas contra a PassVigo que restrinxe o uso bonificado do Vitrasa aos empadroados nesa cidade, presentarán mocións nos concello afectados. Esixen que Xunta e Caballero negocien e dean unha alternativa aos usuarios deste transporte que pasarán a pagar 1,35 euros por billete cando actualmente abonan 0,89. Petición que o Colectivo veciñal levará mañá as rúa cunha manifestación en Vigo ás 19:30h.

As demandas son as mesmas. Insiste o presidente da asociación de veciños, Marcial Pérez, que os dous colectivos teñen os mesmos obxectivo aínda que con estratexias diferentes. “Nós xa presentamos unha moción no concello de Redondela e solicitamos insistentemente que nos recibiran no concello de Vigo, pero chegados a este punto e ante a inminente entrada en vigor da Pass Vigo a única saída que nos queda é mobilizarnos, saír a rúa para esixir que se implante o transporte metropolitano”. Neste sentido apunta Marcial Pérez que o único que teñen que facer Xunta e Concello de Vigo para “acabar cun problema absurdo é poñer en marcha o convenio de transporte xa asinado por ambas as dúas administracións” . Por ese motivo fan un chamamento aos veciños de Redondela en xeral, e aos de Chapela, Trasmañó, Cabeiro e Vilar como principais afectados, a sumarse a manifestación que este xoves partirá dende ás inmediacións do Concello de Vigo ás 19:30 horas ata chegar a delegación da Xunta en Vigo.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Acordan mobilización ante a inminente entrada en vigor da Pass Vigo
Transporte metropolitano
Esixir que Xunta e Caballero acaben cunha disputa que cualifica de absurda
Chamamento a mobilización
A manifestación será en Vigo este xoves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará