Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de Veciños apoia a convocatoria de manifestación contra a retirada da tarxeta verde

RR_Noticias

A Federación de Asociacións de Veciños “San Simón”integrada polas Asociacións de Cedeira, Cesantes, Chapela, “Eidos” de Quintela, “San Martiño” de Vilar e “Fonte do Allo” do Viso, amosan o seu apoio á manifestación convocada para o vindeiro día 22 en Vigo en contra da supresión da tarxeta verde e a implantación da nova PassVigo exclusiva para empadroados na cidade. O Concello de Vigo apraza ata o 15 de abril a supresión da Tarxeta Verde que estaba previsto se fixera efectivo o vindeiro 31 de marzo.

Consideran na Federación de Veciños  que a paralización da implantación da tarxeta de transporte metropolitano na Área de Vigo xunto coa desaparición da tarxeta verde “por diferenzas e enfrontamentos entre alcaldes e partidos de distintos concellos da área metropolitana, ven causar un grave agravio económico, ambiental e social e supón unha discriminación para os usuarios da bisbarra.
Entenden, tal e como así o manifestaran dende a Asociación de Veciños de Chapela, que a solución para “pola implantación da tarxeta metropolitana, que promove e subvenciona, como
acontece noutras cidades galegas, a Xunta de Galicia”.  
Manifestan o seu apoio á defensa do transporte urbano e interurbano da Area Metropolitana, encabezado pola Asociación de Veciños de Chapela e apoiada pola federación de  Asociacións de Veciños de Vigo, “Eduardo Chao”. Neste sentido anuncian o seu apoio a manifestación convocada para o vindeiro 22 de marzo ás 19:30 horas con saída dende a contorna do concello de Vigo ata a delegación da Xunta de Galicia na praza da Estrela e lembran a convocatoria esta mesma tarde dunha asemblea informativa ás 20:00 horas no Piñeiral do Crego no que se abordará este asunto.
Vigo atrasa ata o día 15 de abril a retirada da tarxeta
Con todo, esta decisión non responde á boa vontade de seguir negociando cos veciños non empadroados en Vigo outra alternativa para seguir beneficiándose das bonificacións no transporte. O motivo de que a súa retirada se atase quince días (estaba previsto para este 31 de marzo) débese ao elevado número de peticións para facerse coa nova tarxeta PassVigo, destinada exclusivamente a persoas empadroadas en Vigo. Segundo os datos do propio concello vigués houbo un total de 10.600 solicitudes en só once días.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará