Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela o espectáculo musical Soy Luna

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo ás 17:00 horas o musical “Conoce la vida de Luna. On beat, sobre ruedas” un espectáculo inspirado nun dos maiores éxitos dos últimos anos e da actualidade. Unha proposta orientada a público familiar e especialmente a nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prezo da entrada é de 10 euros en venda anticipada, 12 euros na billeteira.

Coidada posta en escena, cancións doadas de lembrar e moi coñecidas, principalmente entre os adolescentes e unha historia en torno a Luna, chega a Redondela este espectáculo no que se fala de amores, o cambio á adolescencia, as gañas de ser aceptada, o rexeitamento, o fenómenos fan… Xira o argumento en torno a Luna que chega a unha nova cidade e non logra adaptarse. Tratará de facelo a través da música e a patinaxe, pero non no terá doado ante a competencia de Mila.   
A obra representarase este domingo ás cinco da tarde no Multiúsos da Xunqueira.
As entradas poden retirarse no Café da Vila ou a través de internet no enderezo www.woutick.es. O prezo é de 10 euros en venda anticipada, 12 euros no propio día do evento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará