Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marta Lloves: “Marcar límites e aplicar o sentido común son fundamentais no proceso de educar”

RR_Noticias

As normas deben formar parte da educación dende o nacemento do neno, así o entende esta terapeuta educativa, mestra en educación primaria e educación especial, especialistas en prevención de condutas aditivas quen impartirá unha charla esta mesma tarde no multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Unha actividade enmarcada dentro do programa que a Asociación Érguete está a desenvolver en Redondela en colaboración co Concello.

Unha charla na que responderá a preguntas tales como para que poñer límites, que é a disciplina positiva, que son e como actuar ante as rabietas e acheganse pautas de actuación para as familias para que saiban como e cando actuar. Lloves Pequeño explica que se pasou dunha educación moi autoritaria a outra excesivamente permisiva o que provocou situacións complexas nas familias. “Actualmente parece que pais e nais buscan un equilibro e están especialmente preocupados sobre cando e como aplicar as normas e ata onde chegar coa disciplina”. As preocupacións principais moitas veces responden ao temor dos proxenitores de que ao aplicar normas poidan empeorar as relacións cos seus fillos, ou ser excesivamente autoritarios. Unha preguntas que moitas veces teñen a súa resposta no sentido común. Insiste Lloves na necesidade de buscar o equilibrio e que tantos pais como fillos teñen que gozar da etapa educativa “en caso contrario é que algo non vai ben”. Co obxectivo de facilitar este proceso e resolver as dúbidas que poidan formularse, a charla está aberta a todo o mundo, orientada particularmente a familias con nenos e nenas es idade escolar.  

Marta Lloves Érguete
Unha charla para resolver dúbidas
Bases da educación
Normas e límites son fundamentais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará