Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Encontro de mulleres coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón, no Meirande

RR_Noticias

O BNG celebra este mércores 14 de marzo un encontro de mulleres redondelás coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Un acto aberto que terá lugar a partires das 18:30horas no Meirande. Nesta xuntanza, terase oportunidade de que colectivos de mulleres ou aquelas que o desexen a título persoal, poidan contar as súas loitas diarias, cara a unha eliminación real das desigualdades respecto ao home.

Neste encontro con mulleres, de carácter aberto e participativo, preténdese poñer o acento na necesidade de manter a tensión nas reivindicacións que demostraron un grande éxito na conmemoración do 8 de marzo. Agardan dende a organización nacionalista a participación de mulleres que actúan no eido sindical, como as que protagonizaron importantes folga no presente (Berska) ou no pasado (Regojo), loitando polos dereitos laborais e a igualdade. Tamén terán espazo aquelas traballadoras do ámbito doméstico, da pequena e mediana empresa, o comercio,…
A formación nacionalista quere facer extensiva esta invitación a todas aquelas veciñas que desexen participar, para o cal poñen á súa disposición transporte para achegarse a Meirande. O punto de encontro será a Praza de Ribadavia (Farola), en Redondela, e o Centro de Saúde en Chapela, ou poñerse en contacto nos números 607 27 22 99 e 630 00 67 84.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará