Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Atlántica de narración oral achega dous espectáculos a Pazos de Borbén

RR_Noticias

O auditorio do concello acolle hoxe martes e o venres 16 dúas propostas de narración oral chegadas dende o Brasil e Tras Os Montes. Unhas actuacións enmarcadas no festival Atlántica que concibe Galicia como un gran escenario polo que pasan contadores de Galicia, Portugal, Inglaterra, Arxentina ou Brasil con actuacións en diferentes puntos da xeografía. Un festival que arranca hoxe mesmo cunha proposta en Pazos.

A actuación de hoxe leva por nome “Toda mulher tem a cabeça cheia de historias” a cargo da brasileira Tâmara Bezerra (Brasil) é a proposta que se poderá ver hoxe ás 13:00 horas no Auditorio do Concello con entrada gratuíta e invitación especial para os alumnos de primaria do Colixo Curros Enriquez de Pazos e os usuarios da asociación Aspavi.
O venres á mesma hora a actuación correrá a cargo de Vitor Fernandez cos seus “Contos de Tras Os Montes”
Santiago, Ferrol, Lalín, Teo… son algúns dos concellos que tamén forman parte deste circuíto de contadores do programa do Festival Atlántica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará