Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Correr e andar polos montes da Ermida

RR_Noticias

A Asociación Deportiva CAR organiza o IV Trail e Andaina Montes da Ermida, en Pazos de Borbén. A proba celébrase o domingo, día 18, e o prazo de inscrición está aberto ata a xoves día 15. Parte da recaudación será doado para axudar a repoboar parte do monte danado polos incendios.

O trail ten un percorrido de 19 quilómetros, cun desnivel posivo de 500 metros. No caso da andaina a distancia son 11 quilómetros, cun desnivel de 300 metros. Paco Otero, presidente do CAR, sinala que se trata dunha proba “accesible”, apta para todo tipo de persoas. O prezo de inscrición é de 8 euros para o trail e de 5 euros para a andaina, unha cuota “asequible” e máis barata que na maioría de probas deste tipo, xa que o obxectivo do club é que poida participar “o maior número de persoas posible” . Trátase dunha xornada para disfrutar dunha xornada de convivencia “en familia” no que se unen “deporte e natureza”. Como en todos os eventos que organiza CAR, despois da proba deportiva haberá tempo para xantar. Na andaina poden tamén participar rapaces, xa que o nivel de esixencia do percorrido “non é elevado”, segundo apunta Otero. Unha cita popular e tamén solidaria, xa que un euro de cada inscripción será doado para axudar a paliar os danos dos incendios forestais acontecidos na zona. A Asociación de Veciños da Ermida é a destinataria da achega económica, xa que será este colectivo o que se encargue dos traballos de repoboación nos espazos afectados. O IV Trail e Andaina Montes da Ermida terá o seu punto de saída e meta na Casa da Escola da Ermida. O trail dará inicio ás 10.30 horas e a andaina media hora antes, ás 10.00 horas. As inscricións poden facerse ata o xoves, 15 de marzo. Pode facerse presencialmente en Zapateria Susuela, na rúa Adro, 32 deRedondela, ou no enlace https://championchipnorte.com/evento?search=ermida. A organización fixou un máximo de 200 participantes para o trail e 150 para a andaina.

Paco Otero presidente de CAR
O trail compleméntase coa andaina para todos os públicos.
Cita familiar
Trátase dunha proba popular. Unha xornada de convivencia familiar con deporte e natureza.
Solidarios contra o lume
Un euro de cada inscrición será entregado á Asociación de Veciños da Ermida para repoboar os montes queimados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará