Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Los Chunguitos” encargados do pregón na XVII Festa da Cacheira de Pazos

RR_Noticias

Juan e José Salazar, máis coñecidos polo seu nome artístico “Los Chunguitos”, serán os encargados de ler o pregón na popular festa gastronómica da cacheira que se celebra este sábado en Pazos de Borbén. Unha cita festiva na que se prevé servir unhas 3.000 racións deste prato e onde non faltará as actividades para os nenos e a tradicional verbena  nocturna amenizada polos grupos Ritmo e América.

A organización confía en repetir o éxito de edicións anteriores e traballan xa para ter todo listo para unha festa que arrancará ás 11:30 horas coa charanga Vai de baile.
Para maior comodidade dos asistentes, as celebracións terán como escenario o pavillón municipal de deportes e os seus arredores. As actividades comezarán desde primeira hora coa instalación dunha feira de artesanía, produtos ecolóxicos e antigüidades e está previsto que se sirvan unha 3.000 racións. A “cacheira” ou “cachucha” servirase como manda a tradición: cocida e en lonchas, con acompañamento de chourizo e grelos. Para a súa elaboración serán necesarios máis de 1000 quilos de cabeza de porco, 900 de grelos e 250 de chourizo. Como en anteriores edicións, o prato poderase degustar no recinto da festa ou levarllo para consumir en casa a un prezo máis económico.
Unha das novidades desta edición chega cos pregoeiros, os irmáns Salazar, máis coñecidos como Los Chunguitos, que serán os encargados de ler o pregón ás 13:30 horas.
Despois de comer, ao redor das 16:00 horas, o Concello de Pazos de Borbén fará entrega das súas distincións anuais a distintos veciños e empezará a sesión infantil con música en directo e animacións inchables. Pola noite celebrarase a tradicional verbena a cargo dos grupos Ritmo e América.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará