Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2020

Concentración contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A praza do concello acolle hoxe luns ás 19:30 horas unha concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de marzo. Mulleres do Círculo Cultural de Chapela serán as encargadas de ler o manifesto nesta ocasión. Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns 5 de marzo na praza do Concello ás 19.30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Círculo Cultural de Chapela.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *