Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo encadea vitorias

RR_Noticias

As mozas da SAR mantéñense nos postos de cabeza logo dunha nova vitoria, nesta ocasión por 28-15 ante o Siero. Son cuartas empatadas a puntos coas terceiras clasificadas na División de Honra prata feminina. Unha categoría que se lle resiste ao Cíes Obra Civil, equipo que  logo da derrota desta fin de semana sitúase na decimo primeira posición. Na primeira nacional a situación é a inversa. A SAR atópase nunha complicada penúltima praza logo de caer ante o Acanor Novás por 25-15, mentres o Rodosa Chapela pelexa polos postos altos da categoría e colleita unha nova vitoria 33-21 ante o Magope Seis do Nadal.

Gran partido o disputado este fin de semana pola SAR Rodavigo ante o seu público vencendo ao Siero Deportivo. Tan só quince minutos despois do inicio practicamente tiñan sentenciado o encontro cun 10-3 no marcador. Chegarían ao remate cun cómodo 28-15. Cita importante a que disputan na vindeira semana. Xogarán no campo do Cleba, equipo situado na segunda praza da categoría.
O Cíes obra Civil Chapela caía 24-21 ante o Magope. Derrota que as sitúa na decimo primeira praza. Na vindeira semana xogan co oitavo clasificado, o Carballal, nun partido que se disputará o domingo no pavillón de Chapela ás 12:30horas.
Primeira nacional
O Rodosa Chapela fíxose co partido celebrado o sábado ante o Magope Seis do Nadal. 33-21 foi o resultado do encontro no que en todo momento levaron a dianteira, chegando xa ao descanso cunha vantaxe de cinco goles. Unha diferenza que foron agrandando na segunda parte ata chegar ao remate con ese resultado que permite ao equipo manterse na quinta praza. Na vindeira semana xogan contra o decimo primeiro, o Seaplast Cañiza.
Nova derrota para a SAR que nada puido facer ante o Acanor Novás, equipo que foi superior dende o inicio do encontro.25-15 foi o resultado final que relega aos de Redondela a penúltima praza da categoría. Na vindeira semana a SAR xoga na casa, recibe ao Luceros, equipo situado na metade da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará