Hoxe é Xoves 21 de Xaneiro de 2021

O Choco gaña no último suspiro

RR_Noticias

Os de Marcos Montes gañaron pola mínima en Ourense cun gol de Escobar nos últimos minutos de xogo. Importante triunfo que pon fin a unha xeira negativa de resultados. No fútbol sala o Pazos fíxose co derbi de Terceira División en Chapela ante o Campito por 3-7.

Terceira División
Ourense 0-1 Choco
Despois de seis xornadas sen coñecer a vitoria, o Choco logrou superar ao Ourense, que viña dunha xeira positiva con tres vitorias. Un partido moi disputado no centro do campo con dous equipos que non deixaron de pelexar. A primeira ocasión foi para Gabi Misa, pero estivo acertado o porteiro ourensán Michi. Os anfitrións non baixaron os brazos, e Edu Otero case estrea o marcador. Logo tivo outra oportunidade Víctor Gaego, que cun disparo desde 15 metros case sorprende a Cortegoso. Despois do descanso o dominio foi para os ourensáns nos primeiros minutos, cos de Marcos Montes agardando unha oportunidad con remates e xogadas de estratexia. Pasaba o tempo e semellaba que o empate a ceros no marcador sería o resultado definitivo, pero o Choco seguía tentándoo. E o gol chegou no minuto 88, obra de Escobar cun disparo forte. Tres puntos de ouro que lle permiten ao Choco asentarse na zona media do grupo. Na próxima xornada reciben ao Negreira, equipo necesitado de puntos que busca afastarse dos postos de descenso.
Segunda Autonómica

Choco B 0-1 Nieto
O filial baixa á 4ª praza logo da derrota pola mínima ante o Nieto, que deu a sorpresa en Santa Mariña. O próximo domingo xogan no campo do Tebra, equipo situado na metade baixa da táboa.
Arcade 3-2 San Adrián
O Arcade mantén liderado logo do triunfo ante o San Adrián. Buján abriu o marcador e Josué puxo terra de por medio para o Arcade na primeira metade. Samu Romero e Juan empataron para o San Adrián na segunda metade, pero David Antolín, nos minutos finais, faría o definitivo tres a dous. Na próxima xornada visitarán o campo do Mosteiro, no ecuador da táboa.
Terceira Autonómica

Chapela 1-0 Gondomar
O Chapela impúxose na pelexa polo ascenso entre dous rivais directos nun partido moi igualado. O único gol do encontro chegou de falta directa, anotouno Mario para os redondeláns, a falta de cinco minutos para o final. O Chapela, que é 3º, terá o domingo outro encontro de rivalidade directa, visita o campo do Matamá, 4º do grupo.
Peña Beretes 0-6 Matamá
O Beretes segue afundido no pozo da clasifiación logo de caer goleado polo Matamá. O domingo xogarán no campo do San Roque, situado tamén na parte baixa da táboa.
Vilar 3-3 San Roque
Reparto de puntos en Vilar, o que non permite aos redondeláns engancharse aos postos de cabeza. Agora son 5º, e na próxima xornada xogan no Monte da Mina ante o Pereiró, 10º clasificado.
Cesantes 1-0 Cobres
O Cesantes impúxose pola mínima ao Cobres, e mantense na 3º praza do grupo. Na próxima xornada ten descanso.
San Andrés 1-4 Soutomaior
O Soutomaior protagonizou a remontada da xornada. Adiantouse o San Andrés na primeira metade, pero o Soutomarior deulle a volta ao marcador con goles de Brais, Ricardo, Carlos e Yoel. O Soutomaior é 5º, recibe ao Bueu, 2º clasificado e candidato ao ascenso directo.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 3-7 Pazos
Os de Pazos fixéronse co derbi disputado onte en Chapela ante o Campito, facendo valer así o seu papel de favoritos. Os de Fran Amoedo manteñen así a 2ª praza, e a próxima fin de semana tentarán raecortar distancias co líder, o Sala Ourense, que visita o pavillón de Pazos. O Campito, pola súa banda, mantense no ecuador da táboa, son 10º, e na próxima xornada visitan Culleredo, cos anfitrións no 5º posto do grupo.
Autonómica Sur

Abetos 1-4 Redondela
O Redondela impúxose na pista dos Abetos, e mantense afastado dos postos de perigo, a sete puntos dos postos de descenso. O sábado xoga na casa ante o Verín, que é 8º.
Celado Mos 3-3 Arealonga Construccións Castro
Os de Chapela asinaron un empate en Mos que non é suficiente para sacalos dos postos de descenso. O sábado reciben ao equipo de As Neves, situado no ecuador da táboa.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *