Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco medallas para os bateis redondeláns

RR_Noticias

A temporada de bateis tiña a súa cita desta fin de semana coa Bandeira Concello de Vigo en Teis, na dársena da antiga E.T.E.A., nunha proba dominada por Samertolaméu e Tirán. Os C.R. Chapela acadou catro medallas e o Cesantes unha.

O C.R. Chapela fíxose coa prata na categoría xuvenil feminina e na alevín masculina, categoría na que tamén gañaba o bronce a embarcación Chapela B. A cuarta medalla para os de Chapela chegou coa terceira posición na categoría cadete masculina. Pola súa banda o club de Remo de Cesantes acabou na terceira posición na categoría xuvenil masculina.
Os clubs S.D. Samertolaméu de Meira e S.D. Tirán adxudicáronse a XVII Bandeira Concello de Vigo de Bateis e simultaneamente o IV Memorial Marcelino Barciela “Lini”, celebradas en augas da dársena da antiga E.T.E.A., en Teis. Os atletas de Samertolaméu levaron a bandeira masculina sumando 15 puntos, seguíndolles Mecos, con 12; e Vilaxoán, tamén con 12. E a bandeira Feminina levárona as atletas de Tirán, gañando unha regata e clasificándose en segundo e quinto lugar nas outras dúas puntuables, porque a categoría alevíns non puntuaba en ningunha das dúas categorías nin feminina nin masculina. Desta forma Tirán sumou 12 puntos, seguido de Vilaxoán, con 9; e terceiro Chapela, con 8. No programa habitual, con catro categorías femininas e cinco masculinas, manifestáronse con forte superioridade o Club Remo Vilaxoán en primeiro lugar con tres vitorias, seguido de Mecos e Samertolaméu, con dúas cada un, quedando Vila de Cangas e Tirán cunha vitoria que sumaron cada un deles.
Resultados femininos: Alevíns: 1. Vilaxoán, 3.09:36; 2. Vila Cangas, 3.24:54; 3. Bueu, 3.26:79. Promesa feminino: 1. Vila Cangas, 5.21:38; 2. Tirán, 5.22:34; 3. Vilaxoán, 5.25:27. Xuvenil feminina: 1. Tirán, 11.21:12; 2. Chapela, 11.22:87; 3. Virxe Guía, 11.40:70. Absoluto feminino: 1. Vilaxoán-A, 10.48:93; 2. Samertolaméu, 10.59:13; 3. Vilaxoán-B, 11.00:86.
Resultados masculinos: Alevín masculino: 1. Vilaxoán, 2.56:35; 2. Chapela-A, 3.06:62; 3. Chapela-B, 3.13:51. Infantil masculino: 1. Mecos, 5.11:93; 2. Amegrove, 5.16:10; 3. Samertolaméu, 5.30:76. Cadete: 1. Mecos, 7.44:63; 2. Vilaxoán, 7.45:63; 3. Chapela, 7.48:50. Xuvenil: 1. Samertolaméu, 10.07:75; 2. Vilaxoán, 10.17:87; 3. Cesantes, 10.24:86. Absoluto: 1. Samertolaméu, 9.42:59; 2. Vilaxoán, 9.47:67; 3. Bueu, 9.48:29.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará