Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cae en Redondela unha das maiores organizacións de tráfico de haxix do noroeste peninsular

RR_Noticias

A operación, con rexistros en varias vivendas do municipio, deixa sete persoas detidas e máis de 100 quilos de droga incautada. Segundo indica a Policía Nacional nun comunicado, entre os detidos atópanse o líder da banda e o seu home de confianza. Tamén se incautaron 7 vehículos de alta gama, un revólver e equipos de radiotransmisión nunha operación na que colaborou a GNR portuguesa.

Axentes da Policía Nacional desarticularon en Redondela unha das maiores organizacións dedicadas ao tráfico de haxix no noroeste de España. Entre os sete detidos atópanse o líder da banda e o seu home de confianza. Realizáronse seis rexistros domiciliarios e incautáronse 95.000 landras de haxix, cun peso total superior aos 100 quilos, así como 7 vehículos de alta gama, un revólver, unha pistola eléctrica, 12 teléfonos móbiles, equipos de radiotransmisión de longo alcance, un chaleco antibalas, unha placa falsa de policía, un computador e diversa documentación.
Grupo perfectamente organizado
Os axentes comprobaron que se trataba dunha das maiores organizacións dedicadas ao tráfico de haxix no noroeste peninsular. Constataron ademais que o grupo estendera as súas redes cara a Portugal e parte da meseta. Os axentes lograron identificar ao líder e á súa persoa de confianza, ademais das vivendas e inmobles que utilizaban para ocultar a droga e preparala para a súa posterior distribución. Os arrestados dispuñan dunha rede de vehículos con turismo e furgonetas habilitados con compartimentos ocultos para poder transportar máis de 100 quilos de sustancias estupefacientes. Estes vehículos eran levados por condutores experimentados que se ían rotando cada certo tempo para evitar a súa identificación, e que gozaban da confianza do responsable do grupo. Segundo a investigación, cada 8 ou 9 días uno destes vehículos dirixíase a algún punto de Andalucía para trasladar entre 100 e 120 quilogramos de haxix a algún dos pisos ou vivendas dos que dispuña a organización en Galicia.
Colaboración da GNR en territorio portugués
A Policía Nacioinal interceptaron un vehículo cando circulaba preto da fronteira portuguesa. O conductor, ao verse acurralado, embestiu o vehículo policial e deuse á fuga cara a Portugal, iniciándose unha persecución polo país veciño. Deuse aviso ás autoridades portuguesas, que mobilizaron varias dotacións da Garda Nacional Republicana (GNR) que se uniron ao dispositivo, finalizando coa interceptación do vehículo na localidade de Monçao. O rexistro do coche permitiu descubrir que baixo os asentos albergaba dous grandes ocos con algo máis de 95.000 landras de resina de haxix de moi alta calidade. Tras iso procedeuse á detención do resto de integrantes do grupo, así como a realizar 6 rexistros simultáneos en inmobles e vivendas de Redondela e Vigo. En total foron detidas 6 persoas, entre as que se atopaba o xefe da organización e a súa man dereita. Nos últimos días, e como continuación á investigación, logrouse deter a un sétimo integrante do grupo que no seu momento fuxira. A investigación foi levada a cabo por axentes do Grupo de UDYCO VIGO, dependentes da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Policía de Vigo-Redondela, pasando os detidos e todo o actuado a disposición do Xulgado de Redondela, por ser quen coñecía da causa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará