Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urnas no concello e votación telemática para elixir o Persoeiro do Ano

RR_Noticias

A modificación do regulamento que se segue para elixir ao Persoeiro do Ano foi aprobada no pleno de onte. O cambio máis importante recollido no texto implica que, a partir de agora, a decisión deixará de estar vinculada a unha mesa de expertos e serán os veciños, co seu voto, quen determinarán a quen se lle concede este recoñecemento. A proposta contou cos votos a favor de todos os grupos presentes na corporación, agás o BNG quen optou pola abstención por entender que se trata “dun procedemento deturpado que carece da discreción que debería ter, tendo en conta que afecta a veciños e familias de Redondela”.

Uns cambios no procedemento que son produto, segundo dixo a Concelleira de cultura, Teresa París, dun longo proceso de negociación cos grupos políticos na procura “dunha maior participación e implicación dos veciños na concesión deste recoñecemento co que se quere salientar a aqueles redondeláns ou persoas vinculadas co noso concellos que destacaron polas súas achegas ao mundo das artes, as ciencias, as letras, a cultura ou a filnatropía”. Así, destacou como novidade principal o feito de que o “mecanismo para esta elección deixa de estar vinculado a unha mesa de expertos e pasa estar en mans da cidadanía que poden participar dun xeito dobre: ben a través dunha votación en urna que se colocarán no rexistro do concello ou a través dunha votación electrónica”. A proposta contou co voto a favor de todos os grupos da oposición agás o BNG que entende que se trata dun procedemento “totalmente deturpado, que carece da discreción necesaria neste tipo de nomeamento”. Ao entender do edil nacionalista Xoán Carlos González, os cambios incluídos converten esta elección “nunha Operación triunfo”. Pola contra, a proposta foi ben recibida pola Agrupación de Electores “recóllense as nosas suxestións tanto no referente a unha maior participacións como no feito de que se recolle a posibilidade de que esta distinción se conceda tamén a colectividades, grupos de homes e mulleres cuxa labor pode ser tamén recoñecida. Dende o PSOE, malia dar o voto a favor, entenden que estes cambios non suporán unha mellora na elección do Persoeiro do Ano. Explicaba Eduardo Reguera que “de 150 asociacións do concello na última edición participaron tan só oito” para engadir que “non é cuestión de modificar o regulamento senón de motivar para que centros culturais e asociacións participen”. Acusou ao goberno do PP de “falta de previsión na organización dos actos que xiran en torno a este nomeamento “que chegan sempre tarde”. Paralelamente a estes cambios tamén se regulou oficialmente o loito oficial xa que ata o de agora “non existía un mecanismo regulado para decidir en que situación de pode e debe declarar o loito oficial”.  

Teresa París Concelleira de cultura
Explica e defende os cambiso na elección do Persoeiro do Ano
Xoán Carlos González BNG
Uns cambios que ao seu entender converten este procedemento nunha Operación Triunfo
Xosé Covelo AER
Salientan que se recolla a posibilidade de que se poida conceder este recoñecemento a colectividades
Eduardo Reguera PSOE
Recrimina aos populares que non foran quen de motivar a colectivos e asociacións a participar nesta elección

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará