Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela xa está presente na nova aplicación de Sanidade “localiza Salud”

RR_Noticias

O Concello recibiu esta semana dende o Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, o título de adhesión á “Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saude”. A partir de agora xa é público o acceso á web do mapa de recursos comunitarios “Localiza Salud” na que se visualizan os recursos de todos os municipios adheridos a esta estratexia como Redondela.

Entrando no buscador Localiza Salud e accedendo aos recursos cos que conta Redondela atopamos referencia aos centros de día existentes no concello, tanto públicos como privados, Centros de Día de Cesantes, Areal, Os Cortizos, Galeón, así como referencia a diferentes asociacións  vencelladas coa saúde que funcionan en Redondela: centro de rehabilitación psicosocial Lenda, a Asociación Andaina de Persoas con necesidades especiais, ou a Asociación Asearpo que centra as súas actuacións nas persoas que padecen artrite.
Hai referencias tamén aos centros educativos ou mesmo a eses roteiros que promoven a actividade física e o envellecemento activo como a ruta da auga de Redondela en paralelo coa  canle que transportaba auga dende o Encoro de Eiras para abastecer á cidade de Vigo e a Ruta das Pedras, percorrido de sendeirismo circular de 10 km, cunha duración aproximada de tres horas e dificultade media situada na parroquia de Ventosela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará