Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ouro e dous bronces para o remo redondelán na II Bandeira Amegrove de Bateis

RR_Noticias

En tres ocasións subiron ao podio as embarcacións de Redondela na regata disputada onte no Grove, e que estivo dominada por Mecos e Vilaxoán. O batel feminino xuvenil de Chapela fíxose coa primeira praza ao ser a única embarcación inscrita na categoría. Nas categorías masculinas os cadetes de Cesantes acadaron o bronce, o mesmo metal que os alevíns de Chapela.

II Bandeira Amegrove
As nove categorías estiveron repartidas na II Bandeira Amegrove de Bateis, celebrada onte pola tarde en augas de Porto Meloxo no Grove. Foron seis os clubs que subiron ao máis alto do podio, con protagismo para Mecos con tres vitorias e Vilaxoán con dúas. Ademais de Chapela tamén obtiveron ouros Vila de Cangas, Amegrove e Meira. Déronse cita máis de vinte clubs da provincia con 91 equipos en competición, con máis de 45o atletas. Unicamente en xuvenil feminino faltaron varios equipos, inscribíndose nesta categoría só a tripulación do Club Remo Chapela. No entanto a organización decidiu que competise nunha das mangas da categoría absoluta e así, aínda que sen oposición e só contra o reloxo, puido levar a súa bandeira de honra.
Categorías femininas. Alevín feminino: 1. Vila Cangas, 3.14:73; 2. Vilaxoán, 3.15:43; 3. Tirán, 3.57:69. Promesa feminino: 1. Vilaxoán, 5.07:84; 2. Vila Cangas, 5.11:99; 3. Mecos, 5.17:65. Xuvenil feminino: 1. Chapela, 11.20:46. Absoluto feminino: 1. Mecos, 10.24:57; 2. Vilaxoán, 10.25:36; 3. Samertolaméu, 10.44:83.
Categorías masculinas. Alevín: 1. Vilaxoán, 3.17:76; 2. Tirán, 3.32:40; 3. Chapela, 3.34:44; Infantil: 1. Amegrove, 5.06:57; 2. Mecos, 5.16:71; 3. Bueu, 5.27:38. Cadete: 1. Mecos, 7.36:63; 2. Vilaxoán, 7.42:98; 3. Cesantes, 7.43:39. Xuvenil: 1. Meira, 9.44:40; 2. Vilaxoán, 9.47:99; 3. Samertolaméu, 9.52:26. Absoluto: 1. Mecos, 9.24:15; 2. Vilaxoán-A, 9.24:84; 3. Vilaxoán-B, 9.26:42.
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará