Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta volve sacar a licitación a xestión residencial do centro de día de Cesantes

RR_Noticias

A Xunta, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, volveu sacar a licitación o concurso para a xestión residencial do centro de maiores de Redondela tras quedar deserta a primeira convocatoria. A empresa que xestione o centro deberá ampliar de 20 a 25 prazas o centro de día e ofertar o servizo asistencial.

Este novo procedemento será aberto a todas as entidades e empresas que cumpran os requisitos de solvencia do prego, o que o diferenza do anterior, que estaba reservado a centros especiais de emprego -con polo menos un 70% de persoas con discapacidade-, e ao que non se presentaron ofertas.
Desde o Consorcio Galego de Igualdade explican que o novo proceso de licitación deberá ser publicado novamente no DOG, no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea, abríndose outra vez, por tanto, os prazos de presentación.
Desta forma, a entrada en funcionamento da oferta residencial do centro de maiores de Cesantes queda pendente do resultado desta nova licitación. Este centro entrou en funcionamento en decembro de 2016 e o concurso servirá tamén para ampliar de 20 a 25 as súas prazas de centro de día.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará