Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desfile de comparsas celebrarase o domingo

RR_Noticias

A chuvia deu un respiro na tarde de onte, pero as fortes precipitacións que se producían ao mediodía levaba ao Concello a suspender o desfile de comparsas que debía saír as seis da tarde do campo da feira. Unha festa que se celebrará o vindeiro domingo día 18 ás 11:30 horas e na que se espera contar coa presenza das 21 formacións que se inscribiron para este desfile.

Tamén moi pendentes da situación meteorolóxica de cara a mañá, martes de Entroido, xa que os prognósticos non son moi optimistas e as actividades de rúa son moitas. Dende o entroido dos nenos que debe arrancar ás 16:30 horas na praza da Constitución con animación infantil, elaboración de máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes e globoflexia, ata a tradicional Queima do Meco. Un espectáculo que unha vez máis correrá a cargo do grupo Troula Animación  coa representación de SubUmbra, no que os zancudos estarán acompañados de catro personaxes manexando a pirotecnia aos son da música dun percusionista.
E xa de cara á vindeira fin de semana teremos dúas xornadas intensas. Por unha banda co enterro do berete en Chapela o sábado e co desfile de comparsas posposto para a mañá do domingo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará