Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta investirá 90.000 euros na renovación da cuberta do colexio de Quintela

RR_Noticias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renovará este ano a cuberta do CEIP Quintela, unha obra na que se investirán 90.000 euros e que dá resposta a unha demanda que dende hai varios anos viña facendo a comunidade educativa deste centro escolar. O compromiso era adquirido pola Xefatura territorial de Pontevedra nun encontro co alcalde da localidade, Javier Bas, no que ademais anunciaron que valorarán a posibilidade de construír un comedor no centro escolar.

O responsable do departamento, César Pérez Ares, asegurou que se trata de dúas actuacións prioritarias no programa de reformas, acondicionamentos e melloras dos centros escolares, e non serán as únicas que se aborden neste exercicio. Na reunión, á que ademais asistiron a concelleira do ramo, membros da unidade técnica e do servizo de inspección da Consellería e a ANPA do CEIP de Quintela, acordouse estudar a viabilidade doutras demandas expostas pola comunidade educativa da localidade.
Neste senso, o xefe territorial, quen acentuou a importancia de levar a cabo a reforma da cuberta, cun presuposto estimado de preto de 90.000 euros, fixo especial fincapé na construción do novo comedor, en tanto en canto “facilitará a conciliación da vida laboral e familiar”. “Son moitos os pais que se decantaban por outro colexio para os seus fillos ao non ofrecer o de Quintela o servizo de comedor”, afirma Pérez Ares, que cualifica ambas as dúas obras de interese.
En canto ao comedor, sinala que se estudará a súa viabilidade. Polo de agora, falouse de dúas alternativas para a súa localización que deberán ser ratificadas no Consello Escolar e sometidas ao criterio do claustro de profesores. A Xefatura territorial comprometeuse a estudar a proposta.    
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará