Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco deixa escapar dous puntos ante o Arousa

RR_Noticias

Os de Marcos Montes encaixaron o empate en Santa Mariña no treito final do partido, logo de adiantarse no marcador cun gol de Comis. Na 2ª e 3ª Autonómica vitorias para todos os equipos redondeláns. No fútbol sala gañou o Pazos e empatou o Campito en Terceira. Na Liga Galega Sur empate do Arealonga e derrota do Redondela F.S.

Terceira División
Choco 1-1 Arosa
Os dous equipos se caracterizan polo xogo ofensivo e elaborado, e onte en Santa Mariña o seu estilos, moi semellantes, fixeron que o partido estivera marcado polo intercambio de posesións e paradas no medio do campo. As ocasións de gol foron escasas, e o marcador abriuse nunha das ocasións nas que Comis conseguiu colarse na defensa arousá para facer parede con Escobar e logo superar a Sergio Lloves, porteiro redondelán que xoga no Arousa. Os de Jorge Otero foron a buscar o empate, fixo trocos, pero non foi quen de superar a defensa do Choco. Foi xa case ao final do encontro cando unha falta lateral fixo posible a igualada. Julio Rey puxo o centro e Omar Sidibé tocou, despistou a Cortegoso e chegou o gol. O equipo redondelán suma catro partidos sen gañar e afástase, de xeito practicamente definitivo, da zona alta da táboa. Ocupa a décima posición a dez puntos do cuarto clasificado. Para a próxima semana xogan o sábado, ante o Alondras, ás 16.30 horas, cos do Morrazo na 7ª praza.
Choco: Cortegoso, Ronald, Rubén Comesaña, Lucas Fernández, Javi González, Alberto Suárez, Vilas (Félix, min. 64), Caloi, Comis, Óscar “Chiqui” (Gabi Misa, min. 78), Escobar (Ricar, min. 81).
Arousa: Lloves, José María Pérez (Fran Matos, min. 80), Vidal, Marcos Rodríguez, Diego, Sidibé, Manu Justo, Óscar Iglesias (Torrado, min. 72), Yerai (Julio Rey, min. 59), Sylla, Javi Pazos.
Goles: 1-0, min. 66: Comis; 1-1, min. 88: Sidibé.
Segunda Autonómica

San Esteban 0-2 Choco B
O filial superou en Beade ao San Esteban, e mantense na 4ª posición da táboa. O domingo reciben ao Nigrán, en postos de descenso.
Arcade 5-1 Puentecadelas
Os de Soutomaior xa son líderes do grupo, empatados co Caldas, logo dunha abultada vitoria ante o Pontecaldelas. A próxima semana teñen xornada de descanso. Volven á competición o día 18, xogarán en Chan do Vilar, ante o Figueirido
Terceira Autonómica

Sampaio 1-6 Chapela
O Chapela escala ata a 4ª praza, en posos de prmoción de ascenso, logo da goleada no campo do Sampaio. E o domingo recibirá ao Racing Vilariño, o pechacacelas do grupo
R. Vilariño 1-2 Peña Beretes
O Vilariño foi, precisamente o rival do Beretes Chapela, que acadou un dos escasos triunfos da temporada nesta xornada. O domingo reciben en Chapela ao Balaídos, 6º do grupo.
Vilar 8-0 Nespereira
O Vilar impúxose sen problemas no derbi comarcal, e mantén os postos de promición de ascenso. Na próxima xornada xoga no campo do Club Peñasco, no ecuador da táboa.
Cesantes 4-1 Caroi
Os de Redondela escalan á 4ª posición logo da vitoria ante o Caroi. A próxima fin de semana teñen xornada de descanso, e regresan á competición o día 18, no campo do Salcedo B, o colista.
Poio 1-1 Soutomaior
O Soutomaior conseguiu un importante empate no campo do Poio, líder do grupo, e mantén o 6º posto. O día 18 volve á competición ante un rival directo, reciben ao Cotobade, que é 5º..
Fútbol Sala Terceira División

Outeiro de Rei 5-5 Campito
Importante o empata dos de Chapela en terras lucenses, que os deixa na 10ª posición. O sábado o Campito recibe ao Ribeira, equipo forte situado na 5ª praza.
Carballiño 3-7 Pazos
Os de Fran Amoedo superaron con claridade ao Carballiño F.S., o pechacancelas do grupo, e escalan unha posición na táboa grazas ao tropezo da Estrada, que perdeu ante o Talleres ABC. O Pazos é agora 2º, e na próxima xornada volve xogar fóra, ante o Culleredo, 7º clasificado.
Autonómica Sur

Redondela 1-2 Celado
Primeira derrota do ano parao o Redondela, nunpartido no que os erros arbitrais tiveron moito protagonismo. Na próxima xornada visitan a pista das Neves, cos anfitrións na 9ª posición.
Arealonga 3-3 Cesures
Reparto de puntos entre dous equipos que seguen afundidos no pozo da clasificación, en postos de descenso. O Arealonga, que segue como pechacacelas, xogará o sábado na pista do Beade, tamén na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará