Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela non cesa nas súas demandas: acceso á AP-9 en Torres de Padín e pantallas acústicas

RR_Noticias

“Gañamos unha batalla pero non a guerra ao lograr a liberalización da peaxe en Rande”, aseguraban os convocantes da concentración que reunía no Centro de Saúde de Chapela a uns 400 veciños o pasado sábado. Por ese motivo entenden imprescindible continuar coa mobilización na rúa, unhas protestas que son as artífices ao seu entender do logros acadados ata o de agora pero con moitas reivindicacións aínda pendentes como o tan reclamado tramo urbano da AP-9 dende Vigo a Torres de Padín, a colocación de pantallas acústicas e a reposición de servizos. Tamén esixen a Fomento prazos concretos sobre a retirada da peaxe.

As asociación de veciños de Teis e Chapela adiantaron que as mobilizacións continuarán nos vindeiros meses “porque é o único xeito de que as administracións e Audasa atendan as nosas demandas”. Peticións reiteradas que se volvían escoitar na concentración do sábado e entre as que destaca a necesidade de abrir accesos e saídas a AP-9 en Torres de Padín. Cunha proxección na fachada do Centro de Saúde puxeron de manifesto a diferente situaciòn da autestrada en Vigo respecto doutras cidades como A Coruña, Santiago e Ferrol nas que esta autoestrada actúa como circunvalación. Outras reclamación pasa por humanizar a parroquia, repoñer servizos e colocar as tan demandadas pantallas acústicas que minimicen o ruído que padecen os veciños polo constante paso de vehículos por esta vía. O presidente do colectivo, Marcial Pérez lembrou que este tipo de mobilizacións na rúa serve para facerse escoitar “non é casual que convoquemos esta protesta e anuncien a reunión da comisión de seguimento da AP-9 opara esta mesma semana cando leva case un ano sen se convocar”. Unha protesta que contou coa presenza de concelleiros e representantes dos grupos políticos da oposición.  

Marcial Pérez Asociación veciños Chapela
As reivindicacións seguirán na rúa
Comisión de seguimento
Reunirase este mércores
Anxo Iglesias Asociación Veciños Teis
Gañada unha batalla pero non a guerra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará