Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galicia acada en Redondela o pase á final do Campionato de España sub-21 de fútbol sala

RR_Noticias

A selección galega xogará a final tras proclamarse campioa do Grupo C logo de gañar onte a Navarra por 5-0 no partido decisivo. Co apoio da afección redondelá, as de Pili Costa están entre as catro mellores selección de España da categoría. Cataluña, Andalucía e Murcia serán os rivais de Galicia na fase final do Nacional.

No choque disputado onte no pavillón A Marisma, a primeira ocasión de gol tívoa Navarra, nunha contra levada e finalizada por Irune, que foi frustrada por Sandra, a porteira galega. A partir de aí as locais levaron a iniciativa, dominando o xogo e tamén o marcador, cando no minuto 5 de partido Clara aproveitou un bo pase de María para subir o primeiro tanto ao electrónico. O gol deu confianza ao equipo galego, que a partir de entón acentuou o seu dominio. O arranque da segunda parte foi especialmente proveitoso para o combinado galego. No primeiro minuto marcou Antía Pérez e, con 2-0, as de Pili Costa xogaron con moita tranquilidade, pois o empate tamén lles valía para clasificarse grazas á mellor diferenza de goles. Co paso dos minutos foron caendo máis goles e Galicia estará na fase final. Na xornada do sábado xa se impuxeran con claridade á selección da Comunidade Valenciana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará