Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de puntería condena ao Choco

RR_Noticias

Malia dominar o encontro e gozar de varias ocasións, o Choco perdeu ante o Barco. Os ourensáns, moito máis efectivos, anotaron un único gol en Santa Mariña. Na Segunda Autonómica empatou o filial no campo do Louro e gañou o Arcade ante o Bamio. No fútbol sala victorias para os dous equipos de Terceira, o Campito superou ao Santiago B e o Pazos goleou ao Ribeira.
 

Tercera División

Choco 0-1 Barco
O Choco pagou cunha derrota pola mínima a súa falta de puntaría ante o Barco, máis efectivo ante a meta redondelá. Os de Marcos dominaron practicamente todo o partido, pero non tiveron recompensa, e os de Valdeorras puxéronse por diante no marcador pouco despois do cuarto de hora de partido. Antes, o Choco tivera unha ocasión clara nun córner sacado por Antón Vilas e rematado por Ricar, que conseguiu despexar Pepelu. Pouco despois Ivi Argos fixo un lanzamento que, tras rebotar nun defensa, sorprendeu a Cortegoso. O gardameta redondelán chegou a tocar a pelota pero non puido evitar que entrara, o que supuxo o 0-1. O Choco seguiu dominando, mentres o Barco se defendía. Gabi Misa tentou o empate antes do descanso cun lanzamento desde lonxe que volveu deter o porteiro ourensán. Despois do descanso o Choco reforzou o seu dominio, e foron moitas as ocasións ante a portería de Pepelu, pero ningunha acabou en gol. O Barco segue así firme en postos de promoción de ascenso, mentres o Choco está cada vez máis lonxe, agora no ecuador da táboa. Na próxima xornada xogan no campo do Céltiga, da metade baixa da clasificación.
O partido do sábado serviu tamén para que o club lle rendese unha emotiva homanaxe a Molinos, xogador que durante 16 anos militou no Choco, e que o pasado verán colgou as botas.
Segunda Autonómica

Louro 2-2 Choco B
O filial non foi quen de pasar do empate no Porriño. O Choco B é agora 5º, e na próxima xornada recibe ao Goián, que é 8º
Arcade 4-1 Bamio
Os de Soutomaior manteñen a 3ª praza logo do triunfo ante o Bamio. O próximo partido será o Salcedo-ARcade, o domingo ás 18.00 horas. O Arcade é 3º, empatado co 2º, mentres o Salcedo é 14º
Terceira Autonómica

Pereiró 0-2 Chapela
O Chapela escala ata a 2ª praza logo do triunfo no Monte da Mina, e afástase máis dos seus seguidores. O domingo recibe ao Arenas Alcabre, ás 12.00 horas, cos de Vigo no 9º posto da táboa.
Arenas Alcabre 4-1 Peña Beretes
O Beretes segue penúltimo logo da derrota. O domingo recibe ao Descanso Sampayo, que é 12º.
Vilar 4-0 Moledo
O Vilar mantén a 6ª praza logo da vitoria ante o Moledo, cun abultado marcador. Na próxima fin de semana xoga en Coia, ás 16.00 horas, cos anfitrións na metade baixa da táboa (11º)
Cesantes 1-3 Atl. Estación
O Cesantes, baixa á 5ª praza logo da derrota ante o Atl. Estación, que o iguala agora na táboa. Na próxima xornada descansa
Santomé 1-1 Soutomaior
Reparto de puntos que deixan ao Soutomaior como 6º. O domingo recibe ao Estrella Dorada, que é 10º do grupo.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 3-2 Santiago B
Os de Chapela se sitúan na 10ª praza da táboa logo da vitoria ante o filial de Compostela. No próximo partido reciben ao Academia Red Blue 5 Coruña, cos herculinos no 11º, con tan só 1 punto menos que o Campito.
Pazos 8-1 Ribeira
Os de Fran Amoedo son xa 3º logo da vitoria ante un duro rival, o Ribeira. Os de Pazos seguen firmes na súa pelexa pola cabeza da táboa, e están a tan so 1 punto do 2º clasificado. Na próxima xornada reciben ao Bueu, conxunto da metade baixa da clasificación.
Autonómica Sur

Beade 0-2 Redondela
O Redondela conseguiu sair dos postos de descenso ao encadera a segunda vitoria, neste caso ante o Beade. Agora son 14º, e a próxima semana teñen xornada de descanso.
Arealonga 4-7 Mosteiro Bembrive
Os de Chapela están aínda máis afundidos como pechacancelas logo da derrota ante o Mosteiro Bembrive. O sábado xogarán na pista do Vincios Cereixa Gondomar, os anfitrións son 9º, na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará