Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alerta laranxa no litoral de Pontevedra por unha borrasca profunda

RR_Noticias

A primeira alerta vermella do inverno chegará mañá á costa galega, por mar de fondo con ondas que poderían superar o oito metros de altura. Afectará principalmente á Costa da Morte, litoral da Coruña e Mariña lucense, mentres que nas Rías Baixas o aviso rebáixase ao nivel laranxa. Pero xa hoxe actívase unha alerta, que será laranxa para a metade norte do litoral galego e amarelo para as Rías Baixas.

O fenómeno adverso redúcese ao litoral, concretamente por mar de fondo, pero virá orixinado por unha borrasca moi activa a l norte de Irlanda.
En canto ás temperaturas, a oscilación térmica será mínima quedando a comunidade cun réxime de ventos de compoñente oeste que achegarán aire húmido e cálido. Deste xeito teremos ceos cubertos con choivas débiles e intermitentes e temperaturas que oscilarán entre os 8 de mínima e os 12 de máxima.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta tamén alertaron do temporal. Segundo indica o Goberno, o temporal iniciarase no mediodía de hoxe na Coruña -noroeste e oeste- e Lugo, e na madrugada do día 17 estenderase ao suroeste da Coruña e Pontevedra. Está previsto mar combinado do noroeste, con ondas de cinco a sete metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas.
Finalmente, a Xunta lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar a persoas ou obxectos, ou vixiar a posible caída de obxectos desde balcóns e xanelas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará