Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo celebra a festa na honra de San Amaro coa orquestra Olympus e o grupo América de Vigo

RR_Noticias

A parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén, celebra este luns a súa festa na honra a San Amaro. Unha xornada marcada polas actividades de carácter relixioso pero nas que non faltarán as actividades musicais e de animación coa Charanga Vai de Baile e a tradicional verbena a partir das sete da tarde coa orquestra Olympus e o grupo América de Vigo. O recinto estará cuberto cunha gran carpa para evitar as posibles inclemencias meteorolóxicas.

A xornada arrancaba coa celebración de misas solemnes cada hora na Igrexa parroquial dende as 9.00 ata as 13.00 horas. Ao redor da unha e media partirá a procesión na que a figura do santo percorrerá os exteriores do tempo acompañada polos veciños.
Os actos relixiosos finalizará ás 18.00 horas coa celebración da última misa do día. A las 19.30 horas comezará a verbena, que contará coa animación musical da orquestra Olympus e o grupo América de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará