Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban as placas de Reveriano Soutullo e José Regojo

RR_Noticias

Nas últimas horas a policía procedeu a identificar catro individuos cando presuntamente procedían a roubar unha placa situada na fachada do edifico número 18 da rúa Ernestina Otero. Neste caso, o acto vandálico foi abortado grazas á colaboración cidadá e a rápida intervención dos axentes da Policia Local e Nacional. Peor sorte correron outras placas como a colocada na casa na que viviu o músico Reveriano Soutullo ou a dedicada a José Regojo na fachada do pazo de Petán, tal e como xa denunciou algún veciño en dependencias policiais.
 
 
 

Pero non serían estas as únicas substracións constatadas nos últimos días. A estas placas de indiscutible valor, non só económico, habería que engadir a da antiga cafetería Kitty Hawk na praza da Constitución e os canos de varias vivendas.
Uns roubos detrás dos cales estarían supostamente persoas que se dedican á venta de chatarra e que se dedican a substraer material que lles pode reportar beneficios económicos.
O último dos sucesos realiconado con esta vaga de roubos tería lugar a unha da madrugadad de hoxe cando un veciño alertou a Policía Local de que catro individuos estaban a manipular unha placa na céntrica rúa Ernestina Otero. Nesta caso a chegada dos axentes evitou o roubo.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará