Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificadas catro persoas cando tentaban roubar unha placa na rúa Ernestina Otero

RR_Noticias

Os feitos producíronse a unha da madrugada logo de que un veciño alertara da presenza de catro individuos que estaban intentando arrancar unha placa na fachada dun edificio. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e a Policía Nacional que procederon a identificar ás catro persoas alí presentes.

Todo apunta a que a intención destas persoas era facerse con dita placa para a súa posterior venta como chatarra. Non é esta a primeira vez que individuos que se dedican a este tipo de actividades son identificados ou detidos cando proceden a roubar material que posteriormente pode reportarlles beneficios económicos.
Nesta ocasión a colaboración cidadá e a rápida intervención policial logrou evitar o roubo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará