Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nove locais de Redondela súmanse ao concurso de tapas da cociña do Pergamiño Vindel

RR_Noticias

A Consellería de Cultura organiza este concurso gastronómico vinculado ao feito histórico da presenza do Pergamiño Vindel en Vigo. Ademais dos obradoiros para escolares e propostas musicais, entre as actividades en paralelo atópase este concurso de tapas que ten como particularidade o feito de que todos os petiscos teñen que estar elaborados con ingredientes que se puideran atopar nas cociñas galegas no medievo. As tapas poderán degustarse nun total de 9 establecementos de Redondela dende o venres 12 ao domingo 21 e permitirá aos clientes que completen a ruta facerse con diferentes premios.

Os locais de hostalaría que se animaron a participar neste concurso ofertarán a partir deste venres día 12 uns petiscos elaborados con ingredientes que se puideran atopar nas cociñas galegas no medievo, é dicir, prescindindo de produtos como a pataca, pemento ou tomate que non cchegarían a Galicia ata a conquista de América. Esta particularidade levou aos participantes a recuperar produtos menos habituais actualmente como a castaña ou o millo miúdo nunha oferta gastronómica que se poderá degustar ata o domingo 21 a un prezo de 2,50 euros en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas e de tarde de 19:00 a 22:00 horas. Unha proposta á que se sumaron os restaurantes Gastrobar, O Timón da Portela, Don Vinario, Os amigos, a Pizzería Bos Aires, a Tapería Vinoteca ou a Discotasca. Participan tamén da iniciativa os locais de Chapela, A Chabola e Restaurante Casa Rei. Ademais dos premios aos que poderán acceder os clientes que completen a ruta, os hostaleiros competirán por facerse un oco na final do concurso que se celebrará no mes de marzo e no que estarán presentes os mellores petiscos elixidos en cada unha das localidades participantes do Vindetapas. Os organizadores do evento, Elemental Chefs salientaban o traballo realizado polo hostaleiros participantes que “van participar nun concurso único, que só se vai facer nesta ocasión para conmemorar a presenza do Pergamiño Vindel en Galicia”. Un concurso presentado no Convento de Vilavella, “edificio que procede tamén do século XIII e que se vincula así temporalmente co Pergamiño Vindel” en palabras do seu xerente José Domingo González quen salientou que con estas iniciativas “non se trata de vender, senón de dinamizar a hostalaría”. Un evento que pon en valor “os bos produtos existentes en Redondela así como o excelente traballo dos chefs de cociña que traballan no noso concello” en palabras de Enrique Lago da Asociación de Empresarios. Un “nivel gastronómico” ao que facía tamén referencia a Concelleira de Cultura e Turismo, Teresa París.  

José Manuel García Elemental Chef
A cociña do medioevo a concurso
Nove cociñeiros asumen o reto
Cociñar sen produtos habituais nas nosas cociñas
Premios
Os clientes poderán facerse con diferentes premios
José González Convento Vilavella
Non se trata de vender si de dinamizar
Enrique Lago Asociación Empresarios
Bos produtos e excelentes cociñeiros
Teresa París Concelleira de Cultura
Achegar o Vindel a cidadanía tamén a través da gastronomía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará