Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela quedarán sen a tarxeta verde do Vitrasa a partir de marzo

RR_Noticias

Os usuarios deste servizo de trasporte quedarán sen o desconto actual que lle permite viaxar entre Redondela e Vigo a un prezo de 0,89 euros e pasarán a pagar 1,35 por viaxe. Os socialistas acusan a Bas de “falta de xestión” neste asunto que afectará a uns 8.000 veciños das parroquias de Chapela, Trasmañó e Cedeira que empregan esta liña para se desprazar a Vigo.

A veciñanza de distintas parroquias de Redondela atoparase coa sorpresa de perder as tarxetas verdes de VITRASA a partir do vindeiro 31 de Marzo cando se elimine ese bono desconto. Nesa data entrará en funcionamento un novo sistema de tarxeta implementado dende o Concello de Vigo que só será accesible ás persoas empadroadas nesa cidade.
Unha situación que suporá un prexuizo para os veciños de Chapela por onde transcorre unha das liñas máis importante da concesionaria viguesa. Ademais outras liñas transcorren polas parroquias de Trasmañó, Vilar, Cabeiro e Negros, comunicando así estas parroquias de Redondela coa cidade de Vigo.
Os socialistas critican a falta de xestión do goberno local neste asunto e instan a Javier Bas a que se reúna co rexedor vigués para acadar un acordo mentres non se constitúa a área metropolitana, na que se englobaría o transporte urbano vigués. Paralelamente os socialistas están a convocar reunións coas asociacións e a veciñanza das zonas afectadas.
O concelleiro socialista Mauro Álvarez declara “non se pode entender que a falta de xestión do goberno popular e o alcalde de Redondela Javier Bas penalice unha vez máis a veciñanza de Redondela” e engade que “no pasado Xaime Rei foi quen de defender este beneficio que tanto loitaron os veciños e veciñas, e agora consideramos que tamén se pode chegar a acordos, sempre e cando o alcalde de Redondela faga as xestións oportunas, para non perder a tarxeta de transporte”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará