Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2020

Catro compañías achéganse ao Multiúsos de Chapela da man do Ciclo de teatro afeccionado

RR_Noticias

A Asociación cultural e social de Chapela en colaboración coa concellería de Cultura pon en marcha o VI Ciclo de Teatro Afeccionado de Chapela con presenza dos grupos A Cividade de Mos, o grupo Lúa Chea de Poio, o grupo Fonte da Tella de Soutomaior e o grupo Misturarte Teatro de Chapela. As funcións serán os sábado días 13, 20 e 27 de xaneiro e o 3 de febreiro no auditorio do Piñeiral do Crego a partir das 20:00horas,con entrada gratuíta.

Este ciclo, que cada mes de xaneiro convértese na cita obrigada dos amantes desta arte escénica, é xa o sexto que se organiza na parroquia de Chapela. O teatro afeccionado é seguido cada día por máis público, e ten o aliciente da proximidade de actores actrices e persoal de escena, xa que é un teatro que nace de asociacións e centros culturais como unha expresión de dinamismo e creatividade de moitos e moitas veciñas. Neste ciclo poderemos gozar das seguintes obras: “Se hai que bailar, bailamos” a cargo do grupo A Cividade de Mos baixo a dirección de Javier Carreiro, “Abre a porta”, dirixida por Manuel Solla do grupo Lúa Chea de Poios. A terceira actuación correrá a cargo do grupo de Soutomaior Fonte da Tella quen porá en escena a obra “A fermosa Dorotea” dirixida por Salvador Álvarez, e pechará o ciclo, xa no mes de febreiro a obra “Oito” do grupo anfitrión Misturarte Teatro baixo a dirección de Chusa Couñago. As entradas para cada unha das funcións son gratuítas e poderanse retirar unha hora antes de cada actuación ata completar o aforamento do auditorio.  

Santi Darroza Asociación Cultural
Un ciclo con moito humor
Inaugura o grupo A Cividade
A primeira proposta será o sábado 13
Manuel Solla grupo Lúa Chea
Actuarán en Chapela o día 20
Crear afección
Ciclos coma este fan gañar espectadores ao teatro

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *