Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Daniel Gómez pecha o cadro de persoal do Guerciotti-Kiwi Atlántico

RR_Noticias

O ciclista redondelán Daniel Gómez Otero, de 21 anos de idade, pecha o persoal do equipo Guerciotti Kiwi Atlántico. Hai xa sete anos que Gómez empezou no ciclismo, e durante os catro últimos militou nas filas do club ciclista Vagalume.

O mozo redondelán afirma sentirse “ilusionado” e agarda con ansia o seu debut. Confía en “aprender dos corredores máis veteranos o máximo posible”. Enrique Salgueiro, manager e director do equipo, móstrase moi ilusionado cos corredores que formarán o equipo neste 2018. O Guerciotti-Kiwi Atlántico, ademais, deu onte a coñecer as súas novas cores e os patrocinadores que irán da man do equipo esta tempada. O novo deseño foi creado pola marca Arte en Transfer. A firma leonesa plasmou no fondo da roupa a imaxe dun kiwi, ao ser un dos dous patrocinadores principais.O equipo seguirá levando por terceiro ano consecutivo bicicletas Guerciotti. CBK achegará as rodas das bicicletas, Infisport encargarase da nutrición, IGPSPORT entra como novo patrocinador do equipo, mentres Biallini Sportwear encargarase da roupa de rúa. O Concello de Redondela tamén está entre os patrocinadores do equipo, así como a Xunta, Deputación de Pontevedra, Abanca, Compex, Malucaar Transportes e fotografía Víctor Rodríguez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará