Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no colexio Igrexa en protesta pola apertura do terceiro carril da AP-9

RR_Noticias

A Asociación de Nais e Pais de alumnos do CEIP Igrexa convoca para o luns, día 8, unha concentración ás portas do centro para rexeitar a apertura ao tráfico da ampliación da autoestrada ao seu paso polo colexio. Esixen que o carril se peche á circulación ata que os alumnos sexan trasladados ao novo centro que se vai construir.

O inicio das clases despois das vacacións de Nadal seá reinvindicativo no CEIP Igrexa, de Chapela. Ás 8.30 horas da mañá están chamados a concentrarse ás portas do colexio as familias dos alumnos e os veciños da parroquia. A convocatoria faina a ANPA do centro como sinal de protesta pola apertura do terceiro carril da AP-9 ao seu paso por Chapela, tamén no tramo que queda “pegado” ao centro de ensino. A secretaria da Anpa, Mónica Montes, explica que hai “moita preocupación” entre as familias, ao entender que o muro de contención construido por Audasa para protexer as instalacións dun posible accidente “non é garantía suficiente”. O seu obxectivo é que se peche ese carril á circulación e se empregue só como vía de acceso “balizando o resto do tramo” tal como estaba antes da inauguración das obras o pasado día 30 de decembro. Comisión de Seguemento Pola súa banda a Agrupación de Electores de Redondela continúa á espera dunha resposta por parte do alcalde, Javier Bas, á súa solicitude de convocar a Comisión de Seguemento das obras “con carácter de urxencia”. AER solicitou por rexistro no Concello que a xuntanza se realizase esta mesma semana, antes do inicio das clases.

Mónica Montes secretaria da Anpa
Lamentan que non hai prazos para a apertura do novo colexio.
Indignación dos pais e nais
Patricia amosaba así o seu malestar pola apertura do terceiro carril da AP-9.
Esixen que se balice o tramo
Nais como Rosana amosaban a súa preocupación e solicitan que o carril sexa só de aceleración.
Garantía de seguridade por escrito
A Anpa solicita que a administración responsable lles dea garantías por escrito de que os alumnos están seguros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará