Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Títeres Cachirulo presenta en Redondela a obra O entroido dos animais

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 30 a representación da obra O entroido dos animais a cargo da compañía Títeres Cachirulo. A actuación organizada dende a Concellería de Cultura será ás 18:00h e ten un prezo de 3 euros.

Unha comedia musical inspirada na obra Le carnaval des animaux na que os animais son os auténticos protagonistas. Ata un total de 40 bonecos de mesa, de vara, os máis tradicionais de fíos, monicreques de luva e outros construídos sobre o propio escenario a partir de froitas e verduras, darán vidas a todo tipo de animais, dende os felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores ata os animais de curral. Unha “disparatada comedia” orientada a público familiar a partir de 4 anos  baixo a dirección de Jorge Rey, que ncomparte escenario con Carmen Domech.  

Jorge Rey director de Títeres Cachirulo
Un espectáculo musical
40 bonecos
Diferentes técnicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará