Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aqualia non poderá incrementar os prezos na piscina de Chapela ao votar en contra a oposición

RR_Noticias

A empresa Aqualia renovaba nas últimas semanas a concesión do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela logo de ser a única empresa presentada ao concurso de adxudicación.No prego de condicións que regulou este proceso de contratación establécese que a empresa pode incrementar ata un 5% o prezo que cobra aos usuarios polo uso das instalacións. Con todo, a empresa non poderá aplicar este incremento logo de que os grupos da oposición votaran en contra.

O debate en torno a esta modificación nas taxas da piscina de Chapela converteuse nun enfrontamento entre oposición e goberno sobre as responsabilidades sobre o mal estado que presentan as instalacións. Así, dende o PP aseguraron que o incremento de prezo, recollido no prego de condicións, “é consecuencia da irresponsabilidade da oposición que non permitiu prorrogar o servizo, obrigando a sacalo a concurso”. Engadía a edil popular Carmen Amoedo que o estado que presenta a piscina “debido aos problemas que arrastra dende a súa construción fan que non sexa interesante para as empresas concesionarias e obrigou a incluír melloras económicas como un aumento en 10.000 euros da achega do concello e o incremento dos prezos aos usuarios”. Dende a oposición todos os grupos rexeitaron os argumentos do goberno. Lembraron que en ningún momento se traballou pola remunicipalización do servizo, “apostando novamente o PP por manter a súa privatización” e criticaron un prego de condicións cuxas bases son responsabilidade única do goberno. Aseguran tamén que o lamentable estado que presentas estas instalacións responden á falta de mantemento por parte da empresa concesionaria (luces fundidas, eliminación de luces de emerxencia, material do ximnasio que non funciona…) e instaron ao PP a “cumprir coa súa obriga e facer un seguimento da xestión que se fai da piscina”. Malia non aprobarse onte o incremento das taxas, no prego establécese que Aqualia terá un período de seis meses para aplicar esta suba, polo que a revisión de prezos podería volver ao pleno a curto prazo.  

Carmen Amoedo PP
Acusa a oposición de ser so causantes do posible incremento dos prezos
Mauro Alvarez PSOE
Afirma que os desperfectos da psicina débensa a flata de mantemento por parte da empresa
Roberto Darriba AER
Replica ao goberno que dende a oposición apostaban pola remunicipalización do servizo
Xoán Carlos González BNG
O prego de condicións é exclusivamente responsabilidade do PP
Enrique Fojo edil non adscrito
Unha suba legal pero inmoral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará