Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Nadal de Lenda recada fondos para un usuario que perdeu a súa casa polo lume

RR_Noticias

O Multúsos da Xunquiera acolle este venres ás 20:30 horas un festival de Nadal de marcado carácter solidario. O que se recade coas entradas será entregado a Oscar Gil, un usuario do centro residente nas Neves que no pasado mes de outubro viu como a súa vivenda e parte da súa vida era devorada polas lapas.  Dende a asociación Lenda acordaron doar o que se recade mañá a este usuario para axudalo neste complicado momento. Par iso contan coa colaboración dos grupo RMS, Os Mércores Musicais, Cha, cerveja e Violäo, O Circo de pulgas e os organizadores do evento, A Rondalla de Redondela.

Dende hai dous meses Oscar Gil reside nunha vivenda en Ponteareas que lle facilitou a administración logo de ver como a súa casa, no concello de As Neves, era calcinada polos incendios forestais de outubro. “Saíu da casa coa documentación na man e pouco mais, perdeu todo o que tiña e queremos botarlle unha man para axudalo a comezar de novo” explica un dos membro de Lenda, Jaime Figueroa. O obxectivo e que todo o recadado no festival de Nadal que se celebra mañá e cuxas entradas están a venda no Café da Vila e na propia sede de Lenda a un prezo de 6 euros, servan para que Oscar poida aló menos comprar o máis necesario para volver a normalidade. “Está pendente das axudas prometidas pola Administración para os afectados polos lumes, pero os trámites van lentos e queremos achegar esta axuda para que poida xa iniciar a reconstrución da súa casa”. Un festival solidario cargado de música graza á participación desinteresada de cinco formación de Redondela: o grupo RMS, Cha, Cerveja e Violäo, O Circo de pulgas, a propia formación de Lenda, Os mércores musicais e os organizadores de todo o evento, a Rondalla de Redondela.  

Jaime Figueroa Lenda
Un festival de música solidario
A favor dun afectado polos lumes
Os cartos redadados serán para Oscar Gil cuxa viviendas foi pasto das lapas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará