Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ernestina Otero convértese en personaxe de cómic

RR_Noticias

Achegar a figura da mestra e pedagoga redondelá aos máis pequenos é o obxectivo desta publicación obra de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, as dúas patas da editorial Lela Edición. Anuncian que están xa a traballar  nun contacontos protagonizado pola propia Ernestina Otero que servirá para achegar esta figura dun xeito divertido aos cativos. O libro pódese adquirir en La Imprenta e está a ter unha moi boa acollida por parte do público.

“Semente de igualdade, semente de liberdade” é o título desta pequena biografía de Ernestina Otero, cuarto volume da colección “Mulleres Galegas” de Lela Edicións que en títulos anteriores ocupouse doutras insignes galegas como Ángeles Alvariño, Maruja Mallo e María Victoria Moreno. Nesta ocasión, a través dos textos de Enrique Mauricio e as ilustracións de Carlos Taboada, os pequenos poderán coñecer as prácticas innovadoras e a afouteza de Otero, que a converten nun exemplo a seguir no eido da educación. Unha muller que malia vivir entre os anos 1890 e o 1956 é todo un exemplo de modernidade pola súa visión actual da sociedade e do ensino “impulsando a asistencia á escola, os dereitos das mulleres, a renovación de profesorados e conseguindo, a través das súas ensinanzas, sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade”. “No libro tentamos plasmar como as súas ideas están de actualidade, do mesmo xeito que a súa idea moderna de país, sen esquecer que é tamén un traballo de recuperación da memoria, xa que Ernestina soubo facer o seu traballo malia a represión que sufriu”. Así o explicaban os autores do libro na presentación que tiña lugar na mañá de hoxe en Redondela e que contou coa presenza do alcalde, Javier Bas e de Manuel Puga Pereira, neto de Ernestina Otero, quen non dubidou en loubar o traballo realizado por Enrique e Carlos e salientou que se trata dun “libro pensado en clave feminina en temos nos que é especialmente necesario poñer en valor e recuperar ás mulleres esquecidas da historia”. A publicación do libro contou coa colaboración do Concello de Redondela a través do Servizo de Normalización Lingüística.  

Enrique Mauricio autor dos textos
Unha muller de actualidade
Carlas Taboada autor das ilustracións
Un libro pensado para achegar esta figura aos cativos
Contacontos de Polo Correo do Vento
Ademais do libro crearán un contacontos para contar a historia de Ernestina
Manuel Puga neto de Ernestina Otero
Como familiar amosa a súa satisfacción polo resultado final
Javier Bas alcalde
O libro será repartido nos coles nas bibliotecas e será un agasallo nos actos institucionais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará