Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior mellorará o acceso viario ao novo instituto

RR_Noticias

Urbanizaranse un total de 320 metros para mellorar a seguridade de ciclistas e peóns entre o CPI Padín Truiteiro e o novo centro educativo. Contará cun orzamento de 176.000 euros que serán financiados conxuntamente entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior.

O proxecto foi presentado polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, en compañía do deputado provincial, Uxío Benítez, e o enxeñeiro director do proxecto, Francisco Alonso. A actuación comprende a urbanización do vial que comunica Arcade e Soutomaior. En total urbanizarase unha superficie de 640 metros cadrados que mellorarán a seguridade viaria nunha zona especialmente sensible do municipio, entre o CPI Padín Truiteiro e o novo instituto público que entrará en funcionamento o próximo curso.
Ademais, a urbanización deste tramo tamén servirá para canalizar o saneamento do novo instituto e mellorará sensiblemente a iluminación deste tramo, pasando do tres farois que existen actualmente a 8 novas luminarias, co que tamén aumentará a seguridade para os vehículos nunha das principais vías de comunicación do municipio.
Esta mellora, unha vez finalizada, unirase ao proxecto de urbanización da contorna do novo instituto, que comezará o primeiro trimestre do próximo ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará